Public Domain Mark

Está utilizando unha ferramenta para a etiquetaxe de obras que están libres de restricións dos dereitos de autor coñecidas. Creative Commons non recomenda esta ferramenta para obras que están restrinxidas polas leis de dereitos de autor nunha ou máis xurisdicións. Se quere liberar as súas propias obras de restricións de dereitos de autor, utilice no seu lugar a adscrición de dominio público CC0.

Utilizando a marca de dominio público (PDM) pode marcar unha obra que está libre de restricións de dereitos coñecidas e comunicar claramente ese status. Ao aplicala correctamente, o PDM permite que a obra sexa facilmente descuberta e fornece información de valor sobre a obra.

O PDM interesa para utilizalo con vellas obras que están libres de restricións de dereitos polo mundo adiante, ou obras que intencionadamente están no dominio público antes da expiración dos dereitos por parte do propietario destes. Non se debería utilizar para marcar obras que están no dominio público nalgunhas xurisdicións mentres que teñen restricións de dereitos noutras. Actualmente, Creative Commons non recomenda a marca de dominio público en obras con dereitos de autor con status que difira entre xurisdicións, aínda que estea desenvolvendo medios para marcar e etiquetar tales obras. Debería consultar co seu asesor legal se non está seguro de cando utilizar a PDM para unha obra concreta.

Saiba que isto non é un proceso de rexistro e Creative Commons non almacena nin grava nada da información que vostede forneza. Esta ferramenta guíao a través do proceso de xeración de HTML con metadatos incorporados para marcar a obra que teña identificada como libre ou con restricións coñecidas en dereitos de autor. A obra non estará asociada cunha marca de dominio público ata que a publique marcada como tal.

Aprende máis inicio »